Nova vida ás ceras!

O alumnado das aulas Verde e Azul reciclan pequenas ceras de cores para agasallar os máis cativos da escola (4º Educación Infantil).

Despois de seleccionalas, clasificalas por cores e sometelas a varios procesos en diferentes sesións nos obradoiros, conseguiron fabricar unhas pezas grandes e con formas atractivas para os rapaces e rapazas, coas que deixar voar a súa imaxinación.

Reutilizaron caixas de ovos para fabricar os envases nos que gardar as pinturas e escribiron unha etiqueta na que se podía ler, en pictogramas, a seguinte mensaxe:

Velaquí  podedes ver un resumo da actividade:

Comentarios