Sobremesa galega: unha de bica!

Na semana adicada as Letras Galegas, na aula de Transición á vida Adulta preparamos entre todos unha deliciosa bica galega.

Só precisas:

  • 5 ovos,
  • 400 g de azucre,
  • 100 g de manteiga, 
  • 100 g de manteca,
  • 200 ml de nata, 
  • 450 g de fariña, 
  • 1 sobre de fermento.

 Se queredes facelo na casa seguide estes pasos:

  1. Acende o forno a 180º.
  2. Bate os ovos co azucre.
  3. Engade a manteiga e a manteca derretida.
  4. Verte a nata.
  5. Incorpora a fariña e o lévedo.
  6. Verte a mistura nun molde, bótalle azucre por riba e enforna 50 minutos a 150º.
Aquí vos deixamos unhas fotos:

































































Comentarios