Noraboa!

A aula Azul está de noraboa! 

O xurado do certame outorgoulle o premio na categoría de Educación Especial polo seu traballo na I edición do concurso "Caderno de campo, xornalistas naturais", organizado polo programa Prensa-Escola do xornal A Voz de Galicia.

Durante tres meses, o alumnado observou e rexistrou todos os cambios que acontecían na contorna, pero sen inflír neles. 

Centráronse nas especies animais e vexetais da contorna do colexio. Para cada unha delas deseñaron en Canva unha ficha con información: data e lugar da observación, clima, temperatura, nome común e científico, descrición, curiosidades, etc, e unha ou varias fotografías nas que se amosaba a evolución. Completaron o caderno cun vídeo das aves, refráns, frases feitas, adiviñas, poesías e debuxos.

Para o seu traballo empregaron  o telescopio na xornada de observación de aves mariñas na pasarela, acompañados polos rapaces e rapazas de 1º ESO, a súa titora Ana Sande e por Rodrigo Fernández, profesor de bioloxía.

Fixeron uso da tableta, do teléfono, do computador, de papel e lápis de cores e empregaron como fontes o xornal, libros, contos e guías online. 

Deixámosvos cunha reportaxe  destes rapaces traballando e da recollida do premio no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, sede central da Voz de Galicia en Arteixo, o pasado 9 de xuño.












Entrega de premios: 







Nese mesmo acto, Alina recolle a súa cámara de fotos como premio por acadar o segundo posto na súa categoría no concurso "Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil", coa súa noticia sobre os bechos e a luz:





Comentarios