Nós comemos cereais!

O alumnado da aula Azul traballou a alimentación saudable e centrouse, especialmente, nos cereais por celebrarse este 2023 o Ano Internacional do Mijo.

A Asamblea Xeral de Nacións Unidas acordou esta efeméride coa finalidade de divulgar á poboación mundial os beneficios nutricionais desde gran,  o consumo sostible e incrementar e a súa produción, xa que resiste moi ben en terras áridas e precisa pouca auga.

Na aula recordaron as necesidades das plantas e observaron as características físicas das sementes.







Descubriron o proceso de obtención das diferentes fariñas de forma manual.









Fases do centeo

Os grans e as súas fariñas: trigo, millo e centeo

Investigaron a composición dos alimentos e as formas de cociñado e degustaron diferentes produtos. Desbotaron os envases realizando unha clasificación selectiva dos refugallos. 















Como actividade de peche fixeron uns debuxos con slogan para participar no concurso organizado pola Sociedade de Ciencias de Galicia, no que recoñeceron o seu traballo co otorgamento dun diploma. 


















 









Comentarios