Tempo de Samaín

O alumnado da aula Azul traballa na aula a festa do Samaín/Halloween con diferentes actividades.

Comezan a semana debuxando e montando as pezas dun banderín con personaxes terroríficos:








Ensartan pezas coas letras dos seus nomes e recórdanos en inglés, trazan, completan crebacabezas, len e escoitan contos de medo, traballan coas partes do esqueleto e visitan a exposición de cabazas naturais e decoradas.













No obradoiro reutilizan os blísters das pastillas e fan uns ollos con papel, cola, plastilina e sementes de col. Empréganos no seu monstro debuxado. Tamén plastifican tarxetas de vocabulario coas que xogaron noutro momento.
















Tentan adiviñar que se esconde na caixa toca-toca só empregando o sentido do tacto.























Comentarios