O alumnado da aula Azul preparou, en Transición á Vida Adulta (TVA), unhas deliciosas galletas de manteiga con motivos do Nadal. Decoráronnas con chocolate negro e boliñas de azucre de cores.
Aquí vos deixamos a receita por se vos animades a facelas en familia estas vacacións:
Ingredientes:
- 2 ovos.
- 350 gramos de fariña.
- 200 gramos de azucre.
- 100 gramos de manteiga.
- 1 culleriña de esencia de vainilla.
- 1 culleriña de lévedo químico.
- 150 gramos de chocolate negro.
- Boliñas de azucre de cores.
Preparación:
- Mesturar a manteiga co azucre.
- Engadir os ovos e a vainilla.
- Tamizar e verter a farina e o lévedo.
- Formar unha bóla, envolvela en papel film e deixar repousar na neveira 1 hora.
- Estirar co rodete.
- Darlle forma as galletas cos moldes de pastelaría con figuras de Nadal.
- Enfornar durante 12-15 minutos a 200ºC no forno xa quente.
- Deixar arrefriar.
- Decorar con chocolate líquido e boliñas de azucre de cores.
Comentarios
Publicar un comentario