"Rompendo silencios incómodos"

“Rompendo silencios incómodos”, lema para concienciar sobre os dereitos das persoas con discapacidade neste 3 de decembro, data establecida por Nacións Unidas en 1992. 

Moitas persoas con discapacidade viven a diario, na rúa, no supermercado, na escola, no autobús, no acceso ao traballo, etc. situacións dolorosas e incómodas das que non saben como sair. 

A  nivel lexislativo establécense os seus dereitos, como na Lei de Integración Social dos Minusválidos (LISMI, 1982) ou na Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade (LGD, 2014), pero aínda non  lle damos voz a millóns de persoas con discapacidade no seu camiño cara a plena inclusión nos diferentes ámbitos da sociedade.

O artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948) di textualmente que "Todos los seres humanos nacen libres e iguales en dignidad y derechos", polo tanto, as persoas con discapacidade son titulares de cada un deles. 

Así o define tamén a Convención Internacional de Nacións Unidas (2006) dando resposta ás necesidades de benestar, inclusión, integración e dereitos económicos, políticos, sociais e culturais. 

As aulas de Cores amosamos o noso apoio e compromiso para facer realidade os seus dereitos relativos á concienciación, igualdade e non discriminación, accesibilidade, educación e participación social.

¡Feliz día!


 


Comentarios