Para festexar o día do amor e da amizade preparamos, na aula de Transición á Vida Adulta, unha receita moi sinxela e saborosa: galletas recheas de marmelada de amorodos.
Se queredes facelas na casa só tedes que tomar nota destes ingredientes e seguir estas indicacións:
- 160 gramos de fariña.
- 110 gramos de manteiga.
- 50 gramos de azucre en po.
- 1 xema de ovo.
- Marmelada de amorodo.
Mistura todos os ingredientes, fai pequenas bólas e deposítaas nun papel de forno. Achanda coa palma da man e fai co teu dedo índice un corazón, en dous movementos.
Enche o buraco coa marmelada e enforna 20 minutos a 160º.
Bo proveito!
Comentarios
Publicar un comentario