"Autismo preto de ti" é o lema co que Fundación Autismo España quere celebrar este 2 de abril o Día Mundial do Autismo 2024.
Pretenden concienciar á cidadanía de que no nosa contorna convivimos con persoas con autismo, xa que que representan o 1% da poboación: compartimos aula ou colexio, veciñanza, traballo, supermercado, ximnasio ou actividades extraescolares.
Dende as aulas de Cores amosamos o noso apoio e compromiso con este colectivo.
Podedes unirvos á campaña subindo a redes unha fotografía facendo o símbolo do infinito coas mans, cos hashtag #DiaMundialAutismo e #AutismoCercaDeTi ou deseñando ou coloreando o mesmo símbolo.
Moitos edificios públicos e privados e monumentos tamén se unen iluminando as súas fachadas de azul na campaña Light It Up Blue, #IluminadeAzul, #LIUB. No 2023 sumáronse 500 edificios!
Comentarios
Publicar un comentario