O alumnado da aula Azul prepara na aula de Transición á Vida Adulta unha bica con motivo da celebración das Letras Galegas.
Qué mellor que unha sobremesa tradicional para estes días de festa!
Tomade nota dos ingredientes:
- 200 g. azucre
- 200 g. de manteiga
- 4 ovos
- 400 g. de fariña
- 1 sobre de lévedo en po
- 200 ml de tona líquida
Preparación:
1. En primeiro lugar, mestura o azucre coa manteiga derretida.
2. Engade os ovos dun en un e mistura co batedor eléctrico.
3. Incorpora a metade da fariña e o lévedo peneirado.
4. Verte a tona líquida.
5. Agrega a fariña e lévedo restante.
6. Bota azucre sobre a masa para crear a costra.
7. Verte nun molde enmanteigado e enforna uns 35 minutos no forno xa quente a 200ºC.
Só vos queda deixar arrefriar e desfrutala!
Comentarios
Publicar un comentario