O alumnado da aula Azul resultou gañadora no concurso Caderno de Campo - Xornalistas Naturais, pertencente ao programa Prensa-Escola do xornal "A Voz de Galicia".
Despois de observar e investigar a contorna do centro dende o 8 de xaneiro ata o 7 de maio, plasmaron nun caderno de campo os seus resultados en canto a flora e fauna autóctonas. Completaron o seu traballo con fotografías que ilustran o paso do tempo, adiviñas, poesías, debuxos, curiosidades, fichas técnicas de cada especie e rexistros climatolóxicos en canto a tempo atmosférico e temperatura no exterior.
Empregaron como ferramentas o computador, a tableta, lapis de cores, papeis, guías físicas e en liña, libros, contos, cámara fotográfica, teléfonos móbiles e o xornal da Voz que reciben cada mércores na aula.
O resultado: un caderno de 136 páxinas que lles permitiu proclamalos como vencedores na súa categoría.
Parabéns equipo!
Compartimos con todos vos a reportaxe fotográfica destes rapaces traballando e da entrega de galardóns en Santiago de Compostela o venres 14 de xuño.
Comentarios
Publicar un comentario