Dende 1979 a FAO, Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, establece o 16 de outubro como Día Mundial da Alimentación co obxectivo de concienciar sobre a importancia de que todas as personas accedan a unha alimentación adecuada e nutritiva.
Na aula Azul traballaron durante a semana sobre o lema deste 2024: "Dereito aos alimentos para unha vida e futuro mellores".
Recordaron a regra de "5 ao día" en canto ao consumo de froitas e verduras, a orixe e conservación dos alimentos, as comidas diarias, os oficios do agricultor, mariñeiro e gandeiro, distinguieron entre materias primas e produtos elaborados, discriminaron entre data de caducidade e consumo preferente e alimentos crús e cociñados, identificaron os ingredientes en receitas sinxelas e empregaron básculas dixitais e analóxicas para pesar comestibles sólidos presentes nas súas dietas.
Comentarios
Publicar un comentario