O alumnado da aula Azul está de noraboa!
A Sociedade de Ciencias de Galicia recoñece o traballo destes rapaces e rapazas no XIV Concurso de debuxo baixo a temática "A gandaría" celebrado durante este mes.
No certame participaron 15 centros escolares de Pontevedra, A Coruña, Ourense e Madrid.
Na gala, celebrada o pasado 22 de novembro no Liceo Casino de Pontevedra, outorgáronlle un diploma aos nosos compañeiros e compañeiras de 6ºEP, como finalistas na súa categoría. Recolleron tamén tres accésit polos seus debuxos e contos.
Comentarios
Publicar un comentario