Empoderar ás persoas con discapacidade

O equipo das aulas de Cores unímonos á campaña  "Fomentar o liderazgo das persoas con discapacidade para un futuro máis inclusivo e sostible" neste 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Data que se festexa dende o ano 1992, cando a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarouno para sensibilizarnos sobre a diversidade e promover a inclusión en todos os ámbitos sociais. 

Desta forma queremos promover os dereitos das persoas con discapacidade, promover o seu benestar, desterrar estigmas, fomentar a empatía e construir xuntos unha sociedade na que cada un participe activamente e de forma plena, con independencia das súas capacidades.  

Vídeo da campaña:  "Cando confían no teu talento, rómpense todas as etiquetas"








Comentarios