O alumnado das aulas de Cores participamos na celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia xunto aos compañeiros/as das diferentes etapas educativas, xa que xuntos apostamos por unha convivencia respectuosa e pacífica.
Nas aulas traballamos os dereitos humanos e as diferencias individuais coa metáfora da orquestra, na que para crear unha bonita melodía, todos os instrumentos, coas súas características propias, poñen da súa parte para obter un bo resultado musical. Creamos unha cadea reutilizando xornais e fixemos traballos manuais baixo esta temática.
Comentarios
Publicar un comentario