Día de Rosalía de Castro

Co gallo do día de Rosalía de Castro, o alumnado da aula Amarela traballou na nosa lingua con intensidade ao longo da semana.

Investigaron sobre a vida e obra da nosa escritora máis ilustre.

Copiaron poemas para familiarizarse coa obra da poetisa e fixeron un recital lendo fragmentos de "Cantares Gallegos".

Para rematar, elaboraron un marcapáxinas conmemorativo que levaron para casa.

Facendo as tarefas decatáronse da importancia da escritora galega e do numerosos material que hai sobre ela.








Na aula Azul tamén traballaron a figura de Rosalía recordando a súa vida e as obras máis representativas. Escoitaron poemas musicalizados e xogaron coas palabras da nosa lingua como homenaxe á escritora que loitou pola nosa lingua fóra das nosas fronteiras.













Comentarios