Gústanvos as sobremesas?
Pois tomade nota destes ingredientes se queredes preparar en familia esta deliciosa torta de queixo "marmolada" como fixeron as alumnos e as alumnas das aulas Amarela y Azul con motivo do día do Amor e a Amizade.
Precisades...
Para a mestura 1:
- 500 g de fariña de trigo
- 400 g de azucre
- 3 culleradas de cacao en po
- 1/2 culleriña de lévedo en po (Royal)
Para a mestura 2:
- 3 ovos
- 240 ml de aceite de xirasol
- 2 culleradas de leite
- 1 cullerada de esencia de vainilla
- 2 culleriñas de vinagre blanco
- 1 tubo de colorante vermello
Para a crema de queixo:
- 400 g de queixo de untar
- 150 g de azucre
- 2 ovos
- 1 cullerada de esencia de vainilla
Comezamos acendendo o forno a 180ºC.
Noutra cunca agregamos os ingredientes líquidos (mestura 2).
Vertemos a mestura líquida (2) na cunca dos sólidos (mestura 1).
Reservamos media cunca, a que lle engadiremos 2 culleradas de leite.
Vertemos a mestura final nunha bandexa de forno e cubrimos o fondo coa axuda dunha lingua.
Preparamos a crema de queixo e incorporámola na bandexa do forno no que temos a masa vermella.
Vertemos con coidado a mestura da taza e coa axuda dunha punta ou grafo facemos debuxos ondulares.
Cocemos no forno xa quente a 180ºC uns 30-40 min.
Comprobamos que está cociñado se ao pinchar un escarvadentes sae seco.
Nesta ocasión empregamos un "cortapastas" para facer racións con forma de corazón.
E como bos amigos e amigas do planeta, reciclamos os envases nos colectores correspondentes!
Que buena pinta!!! Muchas gracias por el trabajo especial que hacéis!!!
ResponderEliminar¡Muchas gracias por tus palabras y por valorar todo lo que hacemos para enriquecer sus aprendizajes!
ResponderEliminar