Pequenos cadernos artesanais

Co obxectivo de non desperdiciar papel e cartolinas decoradas, o alumnado da aula Azul aproveitou recortes e reutilizou anacos de espirais doutras creacións para montar uns pequenos cadernos no obradoiro de encadernación.

Empregaron tamén tapas de plástico para as cubertas, a cizalla para cortar, a taladradora para facer os buratos e o alicate para suxeitar as espirais.

Este agasallo para as familias poden usalo para apuntar a lista da compra, recordatorios ou anotacións puntuais.


























Comentarios