Cada 22 de abril celébrase o Día da Terra para concienciar da importancia do coidado do medio ambiente, da nosa casa común.
O alumnado da aula Azul prepara no obradoiro uns "planetas plantables" cos que agasalla aos compañeiros/as de Educación Infantil e gocen co crecemento e coidado de pequenas plantas.
Emprega restos de papel usado, colorante alimenticio, auga e sementes para o "planeta" e completa o paquete-agasallo con terra, un testo e unha bandeira.
Comentarios
Publicar un comentario