Un caderno de campo de premio

O alumnado da aula Azul está de noraboa!

Despois de sete meses de observación e investigación sobre a flora e a fauna próxima a contorna do centro, o xurado do concurso "Caderno de Campo - Xornalistas Naturais", do programa Prensa-Escuela do xornal "A Voz de Galicia", recoñece o seu traballo outorgándolle o premio na súa categoría.

As actividades que levaron a cabo para darlle forma a súa investigación foron diversas: dende fotografar cada mes os cambios na natureza, ata recoller a diario o tempo atmosférico e a temperatura no exterior no hora do recreo. 

De cada unha das especies elaboraron unha ficha informativa na que recolleron datos básicos.

Aproveitando o xornal dos mércores, recolleron aquelas noticias que impactaron na contorna  e no propio centro.

Completaron o caderno con debuxos, poesías e adiviñas.



























Na seguinte ligazón podedes acceder a noticia:

https://www.prensaescuela.es/estos-son-los-cuadernos-ganadores/














Comentarios