Unha cesta ou un testo?

Coa chegada da primavera, o alumnado da aula Azul reutiliza unhas pequenas cestas da froita para convertelas nuns bonitos testos no obradoiro de habilidades manipulativas.

En primeiro lugar refórzanas con xornais e cola branca. 

En sesións posteriores decoran o exterior das cestas estampando con pintura e pinceis sobre unhas plantillas. Protéxennas con varias capas de verniz no exterior.

Como decoración final, pegan, coa axuda da silicona quente, unhas fitas de cores no bordo superior. 

Completan o traballo cun carteliño co nome da planta e un bo desexo para os seus no día das Familias.























Comentarios