Que mellor que merendar unha espetada de froitas para refrescarnos nestas mañás calorosas da última semana de maio.
O alumnado da aula Azul prepara, na aula de Transición á Vida Adulta, unhas deliciosas espetadas con produtos de tempada.
Exercitaron as habilidades manipulativas necesarias para lavar, pelar, partir e ensartar.
Bo proveito!
Comentarios
Publicar un comentario