Cores e mais cores

 

O alumnado da aula Azul reutiliza, por petición das mestras de 4º de Educación Infantil, uns cachiños de ceras brandas, desgastadas polo traballo dos seus pequenos e pequenas.

Tras varias sesións no obradoiro nas que eliminan os adhesivos e clasifican as pinturas por cores, xa teñen todo disposto para que os cativos e cativas poidan desenvolver novamente a súa creatividade cunhas ceras novas.












































Comentarios