Os rapaces e rapazas da aula Vermella reciben o outono e aproveitan para experimentar e aprender cos agasallos de nos brinda esta estación do ano.
Exploran coas súas mans entre as follas secas, de cores e texturas diferentes, para atopar elementos da natureza agochados e clasificalos despois.
Trasladan ao papel as nubes e a choiva propia destas datas, reproducen cadros manipulando imaxes, asocian sombras, descubren as cores, achéganse aos primeiros conceptos matemáticos de números e formas e danlle renda solta a súa imaxinación en pequenas composicións.
Comentarios
Publicar un comentario