Xa están aquí!

As súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, achéganse ata o noso centro para recoller os debuxos, as cartas e as felicitacións do alumnado de infantil, primaria e educación especial.

Os rapaces e rapazas da aula Azul depositan os seus desexos no buzón real e charlan amigablemente cos Eles no salón de actos.

Agradecemos a ANPA os seus esforzos por manter viva a nosa ilusión nestas datas de Nadal.

David tamén recolleu o seu premio como gañador do concurso de debuxos de Nadal organizado pola ANPA.










Comentarios