O alumnado da aula Vermella, ademais de gozar coa festa do Entroido cos seus compañeiros e compañeiras, traballaron durante esta semana contidos relacionados mediante xogos e propostas manipulativas.
A través desta festa tradicional desenvolven simultáneamente aspectos cognitivos, lingüísticos, socias e motrices, favorecendo unha aprendizaxe globalizada, onde o xogo, a atención e a manipulación se converten en ferramentas fundamentais para consolidar contidos e enriquecer o vocabulario.
Comentarios
Publicar un comentario